Grupo de música tradicional CANAVELLA

O grupo de música tradicional CANAVELLA, formase con membros da escola municipal de música tradicional de As Pontes alá polo ano 2009, nos seus comenzos estaba formado por 3 gaitas, 2 tamboris e 1 bombo, actualmente está formado 3 gaitas, 1 tamboril e 1 bombo.
O seu repertorio está formado por todo tipo de pezas tradicionais (pasodobles, muiñeiras, rumbas, xotas, etc).
Facemos todo tipo de eventos, (pasarrúas, alboradas, procesions, bodas, en escenario, etc).
Si queres poñerte en contacto con nos, podes facelo no telefono 636128808, ou por email :canavella@gmail.com

xoves, 20 de novembro de 2014

FOLIADA DE NOVEMBRO (Foliada do Magosto)

O venres 28 de novembro tocanos o grupo Canavella organizar a Foliada de Novembro, faremos un pequeno magosto ( si hay castañas). esperamoste na cafeteria do Lar como cada último venres de cada més. Ven a comer unhas castañas acompañades de boa música.

SANTA ICIA

O Domingo día 23 de Novembro estaremos na parroquia de Ribadeume tocando unhas pezas o rematar a misa en honor os músicos de dita parroquia e tocaremos o hinno Galego na ofrenda floral que se fai no monumento dos músicos de Ribadeume e Bermui

venres, 25 de abril de 2014

FESTA DA CAZA EN RIBADEUME

o 25 de Maio volvemos o igual que o ano pasado a Festa da caza en Ribadeume, organizada polo coto de caza de Ribadeume e Bermui


RUTA A CABALO A FAEIRA

O vindeiro 3 de Maio estaremos dandolle a saida e a chegada os cabalos na ruta cabalar da Faeira









martes, 18 de marzo de 2014

XIX XANTAR GAITEIRO












XIX Xantar Gaiteiro
Organizado pola Asociación Galega de Gaiteiros e coa colaboración do Concello das Pontes e das asociacións de Música Tradicional pontesas No Cómbaro e Canavella, vaise celebrar o XIX Xantar Gaiteiro o domingo 23 de Marzo na nosa Vila. Esta xuntanza anual de xente relacionada coa Música Tradicional e procedente de todo o pais, desprazarase ata As Pontes onde, a base dun bo cocido, freixós, música da boa e por suposto mellor compaña, alterarán a tranquila xornada pontesa do domingo.

A celebración será por partida doble xa que o XIX Xantar coincide co 25 Aniversario da Asociación Galega de Gaiteiros.

O Xantar será nunha carpa instalada para o evento dentro do recinto do Colexio Santa María.


A Asociación de Gaiteiros Galegos xa está a organizar a XIX edición do tradicional Xantar Gaiteiro, que se celebra coa chegada da primavera.

Este ano ademáis, é unha edición especial, xa que celebramos o 25 aniversario da Asociación de Gaiteiros Galegos, polo que non pode faltar ninguén!!


A Data e o lugar elixido serán os seguintes: Domingo 23 de Marzo, As Pontes.

Este xantar é a excusa perfecta para para pasar un día en compaña dos que gustamos da nosa música tradicional, cunha programación completa e interesante. Convidade aos voso amigos a que pasen esta xornada con todos nós, teremos charlas, exposicións, visitas, música e por suposto o xantar.

Programa:



11.30 horas . Exposicións e charla no Mercado Vello a cargo de Berros do Castro e da AGG

12.30 horas. Visita Guiada á Praia do Lago (Sairá un bus do colexio Santa María, para asistir é preciso inscribirse)

13.30 horas. Pasabares polo centro da vila

14.45 horas. Xantar na carpa instalada no Colexio Santa María

*Quen queira participar na arruada, avisar con antelación, (para a a posible distribución dos grupos e lugares). Será preciso inscribirse para facer á visita guiada á Praia do Lago

Para asistir ao XIX Xantar Gaiteiro, deberás poñerte en contacto connosco antes do día 20 de Marzo, indicando, se é o caso, o número de persoas que te acompañarán.

DATA

23 de marzo de 2014

14:45 horas

LUGAR

Colexio Santa María

Praza de América s/n 15320 As Pontes ( A Coruña )

MENÚ

Sopa

Cocido

Freixós, requeixo da Faeira e Mel de Boente

Auga, Viño, refrescos, café e chupito

PREZO

O prezo é de 21 euros por persoa que serán entregados ao entrar (10,5 € para nenos menores de 12 anos).

RESERVA

secretaria@gaiteirosgalegos.com

Teléfono 986 847 074 (Giovanna) / 982229966 (Mónica)